Planeamento urbanístico Estas son as últimas entradas publicadas gl Planeamento urbanístico do Concello de Nigrán 2018-02-06T23:00:00Z 2018-02-06T23:00:00Z O planeamento urbanístico do Concello de Nigrán está formado polas Normas Subsidiarias de Planeamento do Municipio de Nigrán aprobadas no ano 1.991, así como polo conxunto de instrumentos de planeamento de desenvolvemento que se teñen aprobado dende entón. Na actualidade, o Concello de Nigrán está a tramitar a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), sen que aínda se teña producido a súa entrada en vigor. Pode consultarse o planeamento urbanístico vixente, as súas modificacións e o planeamento de desenvolvemento na páxina web da Xunta de Galicia “SIOTUGA”, na ligazón que de seguido se insire. 2018-02-06T23:00:00Z