headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

Solicitude de comunicación previa obras menores

Principios normativos: De acordo co art. 142.2 Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. Nestes casos, o promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao da data en que pretenda levar a cabo ou comezar a súa execución. Con carácter xeral, o transcurso do prazo indicado constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a comunicación, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.

Prazo para a execución das obras: De acordo co art. 363 do Decreto 143/2016 do Regulamento da Lei do Solo de Galicia, os interesados deben sinalar na comunicación previa o prazo para o inicio e remate das obras, que non poderán exceder dos tres meses e un ano respectivamente.

Estes prazos poden prorrogarse pola metade dos inicialmente previstos, sempre que a persoa interesada o comunique antes de ter transcorrido o referido prazo.

Asunción de responsabilidade: A comunicación previa presentada implica a responsabilidade solidaria de quen promove as obras, de quen ten a propiedade dos terreos ou os empresarios das obras, os técnicos redactores do proxecto e directores das obras e da súa execución, respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, logo de audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.

As sancións polas inexactitudes ou omisións non esenciais nos datos obxecto de comunicación previa poden ascender ata 300,51 €. De ter as ditas inexactitudes ou omisións carácter esencial, a sanción de multa poden oscilar entre 300,52 € ata 30.050,61 €. As sancións polo engano ou falsidade nas comunicacións previas poden consistir, entre outras, en multa de 30.050,62 € ata 601.012,1 €.

Representación: Deberá acreditar que ostenta tal condición mediante poder notarial ou en comparecencia persoal do interesado, todo elo conforme ao disposto no art. 5 da LPAC

Tramitación: Con carácter xeral, transcorrido un prazo de 15 días habiles a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos do uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.

Dentro dos 15 días hábiles seguintes ao da comunicación, o concello, sen prexuízo da comprobación do cumprimento dos requiristos, poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a emenda das deficiencias que presente a documentación; neste caso adoptará motivadamente as medidas provisionais que entenda oportunas para evitar toda alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, e comunicarallas á persoa interesada por calquera medio que permita acreditar a súa recepción.

Taxas e impostos: A presente actuación devengará as taxas e impostos regulados na Ordenanza Fiscal da taxa polo outorgamento de licenzas urbanísticas ou realización das actividades administrativas de control e outros servizos urbanísticos de control e na Ordenanza Fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ambas publicadas no BOP do 12/04/13), sen prexuízo doutros previstos legal e regulamentariamente.

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Nigrán e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, L.O. 3/2018, de 5 do decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais disposición de aplicación. As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Nigrán poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro.

Cualquera interesado/a que queira dirixir unha solicitude ao Concello de Nigrán.

PRESENCIALMENTE

O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Nigrán ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

ELECTRÓNICAMENTE

Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, non é suficiente con identificarse na sede, senón que é necesaria ademáis a sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.

A propia solicitude.

O modelo de solicitude editable pódeo atopar no seguinte enlace.


Volver
Rexistro electrónico