Solicitude de alta con usuario e contrasinal na sede
Descrición
Dirixido a
Este procedemento resérvase exclusivamente para as persoas físicas que actúan en nome propio. As persoas xurídicas só poderán acceder a parte privada da sede mediante certificado electrónico.
PRESENCIALMENTE
Sen certificado electrónico: Cumprimentando o formulario de solicitude de acceso e presentándoo na oficina do rexistro xeral do Concello onde lle entregarán a súa clave previa presentación do DNI orixinal por parte do interesado.
Rexistro Xeral
Enderezo: Pza Constitución, 1 CP 36650
Tel: 986 365 000
Fax: 986 383 931
Horario:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Neste caso deberá achegarse con posterioridade persoalmente a oficina de rexistro do Concello de Nigrán co DNI orixinal para que lle entreguen a sua clave.
Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso na propia sede electrónica en calquera momento editando a "carpeta persoal" dentro do apartado "as miñas xestións".
Como facelo

Documentación requirida
Cando se presente na oficina do rexistro xeral do Concello para recoller a clave de acceso deberá presentar o DNI orixinal.
Se presenta a solicitude electrónicamente e quere evitar ter que acudir persoalmente á indicada oficina poderá achegar á solicitude unha copia do NIF e remitiraselle a clave asignada ao enderezo que conste no citado documento.
Observacións
As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:
Para acceder aos contidos públicos:
- Directamente sen identificarse
Para acceder a parte privada que conten información persoal podense usar calquera destas duas modalidades indistintamente:
- Identificándose con certificado electrónico
- Identificándose con usuario e clave de acceso (alta na sede).