APROBACIÓN PROVISIONAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS OU REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS DE CONTROL E OUTROS SERVIZOS URBANÍSTICOS E DE INSPECCIÓN.
O Pleno deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 01/04/2019,acordou aprobar, provisionalmente, a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da “Taxa polo outorgamento de licenzas urbanísticas ou realización de actividades administrativas de control e outros servizos urbanísticos e de inspección”.
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o expediente expónse ó público durante o prazo de trinta días hábiles, mediante anuncio no Taboleiro de Anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de exposición comezará a computarse dende o día seguinte o da inserción deste anuncio no BOP de Pontevedra.
Data de publicación:
10/04/2019
Categoría:
Concello de Nigrán
Remitido por:
Tesourería e Recadación