EXPOSICIÓN PÚBLICA EXPTE. MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 22/21
Aprobado inicialmente mediante acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de outubro de 2021, o expediente administrativo de modificación de crédito 22/21 mediante créditos extraordinarios no orzamento xeral prorrogado do Concello de Nigrán para o ano 2021, e cumprindo o establecido nos artigos 169.1 e 177.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o expediente administrativo citado exponse ao público durante quince días hábiles; se dentro do prazo indicado non foran formuladas reclamacións, entenderase elevado a definitivo o acordo antes mencionado.
Data de publicación:
02/11/2021
Categoría:
Concello de Nigrán
Remitido por:
Intervención